Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

13 Feb

Organiza:Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro
DIA:DOMINGO 20 DE FEBREIRO DO 2011
LUGAR: PARQUE FORESTAL DO GALIÑEIRO
HORA: 10:30 DA MAÑÁ
TEMPO ESTIMADO:2,50 HORAS

Andaina 20:02_2011

Os Montañeiros Celtas e o clube Peña Trevinca, organizan un paseo por un antigo camiño, hoxe pista forestal, que rodea a Serra do Galiñeiro. Esperamos un grande número de asistentes. Queremos trasmitir á opinión publica que, ante os grandes valores da Serra do Galiñeiro, e ante as ameazas de degradación que penden sobre ela, unha gran maioria dos veciños dos 5 municipios que rodean a Serra (GONDOMAR, VIGO, MOS, PORRIÑO E TUI) queremos solicitar a súa clasificación como como ESPAZO NATURAL PROTEXIDO. Polo tanto, rexeitamos a instalación do PARQUE EÓLICO Previsto na Serra a do Galiñeiro, debido ás graves consecuencias que tería sobre este espazo:

  • IMPACTO SOBRE A CONFIGURACIÓN XEOMORFOLÓXICA DA SERRA.
  • FRAGMENTACIÓN DO TERRITORIO, DEGRADACIÓN DO SOLO E DESNATURALIZACIÓN DO LUGAR CAUSADAS POLAS PISTAS DE ACCESO PARA OS TRAILERS DE TRANSPORTE, E POLAS TRINCHEIRAS DE SOTERRAMENTO DAS LIÑAS ELÉCTRICAS.
  • IMPACTO SOBRE OS ECOSISTEMAS, A FAUNA E A FLORA.
  • IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO.
  • IMPACTO SOBRE OS ELEMENTOS DO TERRITORIO RELACIONADOS CO PATRIMONIDO INMATERIAL.
  • IMPACTO PAISAXÍSTICO: MUÍÑOS DE 150-160 m DE ALTURA NUNHA SERRA CUXA CORDA SUPERIOR (A PARTE MÁIS VERTICAL E ESPECTACULAR, POR RIBA DA LIÑA DE ÁRBORES) TEN MENOS DE 200 m.
  • IMPACTO ACÚSTICO.
  • DESPOSUIMENTO E PRIVATIZACIÓN DE FACTO DO MONTE COMUNAL.
  • DEGRADACIÓN DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO APROVEITAMENTO SUSTENTABLE E RENDIBLE DO MONTE, E QUE MANTEÑEN VIVA A IDENTIDADE DO RURAL.
  • DEGRADACIÓN DO VALOR MÍTICO E FILOXENÉTICO QUE TEN ESTE ESPAZO NATURAL E CULTURAL SENLLEIRO NO IMAXINARIO COLECTIVO.

Chegaremos ao vertice geodésico do Galiñeiro, faremos unha foto con pancarta de protesta e volveremos ao punto do partida en que se remate a marcha, a organización e o bo funcionamento desta actividade correra a cargo dos socios do club Montañeiros Celtas e do Club Pena Trevinca, espérase terminar entre as 13:30 – 14:00.

Non é necesario incribirse previamente. Haberá un servicio de organización de estacionamento. Con todo, quen leve coche é preferible que o deixe lonxe da zona de Saída da andaina para evitar acumulación de vehiculos.

6 Respostas to “Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro”

  1. Neli Perez 13/02/2011 ás 12:35 pm #

    Creo que a defensa do Galiñeiro non debe limitarse a os veciños dos concellos limítrofes de GONDOMAR-VIGO-MOS-PORRIÑO e TUI. Moitos veciños de Nigrán ou Baiona querémonos solidarizar ca defensa dun entorno tan emblemático como a serra do Galiñeiro. Algúns pertencen a algunhas das asociacións que forman parte da plataforma e nos gustaba que os nosos concellos se miren reflexados nesta reivindicación

  2. Carlos Pérez 14/02/2011 ás 10:52 am #

    A Andaina é libre para todas as persoas que queiran acudir a ela. Por proximidade, falamos dos veciños da contorna, peropode acudir calquera que así o desexe.

  3. As fotos da sección \\ 14/02/2011 ás 6:53 pm #

    Creo que hai fotos na sección de imaxes que non proceden nesta web de campaña pola defensa do Galiñeiro; por exemplo, un cartel da CIG de convocatoria sobre a folga xeral, outra sobre o diálogo social, unha furgoneta, etc.
    Non hai ningunha fotos do Galiñeiro nin da Serra; non viña mal unha montaxe coa simulación do parque eólico (é unha imaxe impactante).

  4. UN ÉXITE DE ANDAINA 20/02/2011 ás 4:26 pm #

    A andaina de hoxe, pareceume un éxito rotundo. Dicen que é a primeira, espero que haxa máis e si o tempo acompañana o de hoxe vai quedar pequeno. Boa organización.

  5. angel 21/02/2011 ás 5:51 pm #

    hola conpañeiros e conpañeiras da serra do galiñeiro e o que formamos a plataforma non a os eolicos no monte do galiñeiro me llamo angel salgueiro rial y son de vincios y etoy y estamos agradecidos pola colaboracion que os veciños e veciñas a portan sobre este tema

  6. Patrick 22/02/2011 ás 12:15 pm #

    Me gustaría más información. Me gusta mucho la Sierra del Galinheiro. Para mi es un sanctuario natural como Monteferro.
    Un saludo cordial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: