CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS

17 Mar

Si queres cooperar pola defensa da Serra do Galiñeiro, baixa este arquivo para recoller firmas, e envíao a:

Centro Cultural de Vincios.
Barrio do Piñeiro s/n.
Vincios – Gondomar
36316 – Pontevedra

Paisaxe desde O Galiñeiro

 

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui,é un lugar senlleiro polos seus valores naturais (xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos), culturais (históricos, arqueolóxicos, etnográficos), sociais e económicos (actividades tradicionais que aproveitan de xeito sustentable e rendible os recursos do monte; actividades de lecer; deportes de natureza sustentables). As asociacións cidadás que subscribimos este manifesto consideramos que este espazo natural e os seus valores teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, estatal e galega vixentes.

Denunciamos as actividades altamente impactantes que estragan a Serra: a plantación masiva e proliferación de especies foráneas (eucaliptos, piñeiros e acacias); a proliferación de canteiras, moitas delas ilegais; a apertura masiva de pistas, o seu ancheado e  recrecemento con entullos, e o seu asfaltado; a práctica deportiva con vehículos a motor dentro e fora das pistas; os movementos de terra sen control e os vertedoiros incontrolados de lixo e entullo. As grandes infraestruturas en proxecto (parques eólicos e estradas de circunvalación urbana) ameazan con degradar a Serra dun xeito xeralizado e irreversible.

Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro polo seu valor como espazo natural e cultural. Queremos que siga sendo un referente paisaxístico da nosa terra, e que perviva a súa riqueza xeolóxica, e que os seus hábitats continúen acubillando flora e fauna singulares en Galicia. Queremos que os petroglifos, as mámoas e as numerosas cavidades con valor xeolóxico, arqueolóxico e etnográfico da Serra se manteñan inalterados no seu contexto natural e histórico e, con eles, o patrimonio inmaterial que neles mora. Queremos que perdure o aproveitamento multifuncional da Serra que fan moitas Comunidades de Montes, veciños e particulares, mediante actividades sustentables e rendibles que manteñen viva a identidade do rural.

A Serra do Galiñeiro debe quedar libre de actividades e artificializacións destrutivas.E seguir acollendo, en paz, o pastoreo de gando ceibe: cabalos, vacas, ovellas e cabras. E seguir abastecendo, sen alteracións, as traídas de auga potable da veciñanza do seu entorno. E seguir sendo un valioso lugar de deleite vital, cultura e deporte de natureza para unha zona tan poboada como é a terra de Vigo, o Val Miñor, a Louriña, o Baixo Miño e o Morrazo.

 

7 Respostas a “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS”

  1. PSdeG-PSOE O Porriño 30/03/2011 ás 11:02 pm #

    Boas!
    Dende o PSdeG-PSOE do Porriño queríamos saber se tedes máis información sobre a futura Planta eólica do Galiñeiro porque queremos apoiarvos e imos recoller sinaturas en Chenlo para apoiar a vosa plataforma.
    Calquer cousa, podedes contactar con nos nos nosos moviles 605083983 (Iván Vaqueiro, candidato PSOE Porriño) e Jose Luis Fernández (Candidato do PSOE á Entidade Local de Chenlo) 675950433
    Asimesmo vos animamos a facer unha charla en Chenlo se vos parece de interese.
    saudos!

  2. Lóis Uxío Taboada Arribe 02/05/2011 ás 4:18 pm #

    Adírome a ista Declaración a título persoal.
    Son membro da Sociedade de Montaña ÁRTABROS de A Coruña.

  3. Sérgio 13/11/2011 ás 9:32 pm #

    Até quando há de prazo para enviar as assinaturas? Graças!

  4. carla 25/02/2012 ás 1:31 pm #

    non entendo como pretenden destruir este monte está cheo de vida

  5. ANGEL 11/05/2012 ás 4:43 pm #

    non entendo como esta sente quere destruir o monte tan bonito y bistas que tiene que se atrevan que le paramos los pies

  6. ANGEL 11/05/2012 ás 4:47 pm #

    esto es una verdadera verguenza lo que quieren hacer estes politicos de turno es que vamos haora quieren ronper caminos y meter cables y hala que no hagan nada el monte es un anbito natural

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.